Lecturas cautas pero esperanzadas sobre o Cumio de París

Francisco Javier Sanz Larruga

Contido principal do artigo

Publicada: Mar 25, 2016
Resumo

Entre os días 29 de novembro e 13 de decembro de 2015 tiveron lugar a Conferencia das Partes da Convención Mundial das Nacións Unidas contra o Cambio Climático (coñecida tamén pola sigla COP-21) e, ao mesmo tempo, a 11.ª Conferencia das Partes en calidade de reunión das Partes do Protocolo de Kyoto (ou CMP 11). O último día da conferencia, o 12 de decembro, os representantes dos 195 países participantes lograron un histórico pacto global que se coñece como Acordo de París, cuxo obxectivo fundamental é reducir, o antes posible, as súas emisións de gases de efecto invernadoiro e facer todo o posible para manter o quecemento global “moi por debaixo de 2 ºC” antes do fin deste século XXI.

Detalles do artigo

Palabras chave:
cambio climático, Acordo de París