Santiago Gutiérrez aborda un estudo das estratexias discursivas que emprega a historiografía literaria galega a partir do tratamento que recibe o período medieval. Salienta o peso da concepción nacionalitaria deste tipo de discursos, que buscan a reivindicación de formas de reapropiación simbólica, necesidade que se sente con especial forza no caso das literaturas minoritarias como a galega. Como resultado, observa un tratamento dispar dos diferentes periodos e xéneros da Idade Media, de acordo cao súa adecuación a estes postulados de carácter nacionalitario. Así o demostra, na súa análise, a identificación da lírica galego-portuguesa co momento de esplendor e a da prosa co de decadencia ou a posta en valor de elementos que se interpretan como peculiares fronte a aqueles quenon marcan a distancia respecto ao discurso hexemónico da literatura castelá e que non permiten, daquela, o autoafírmación,lexitimadora que é propia da historiografía literaria.
© 2001-2025 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados