Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Antas no camiño. Prehistoria e arqueoloxía nos camiños xacobeos do norte

Juan A. Carneiro Rey

  • Neste traballo extúdase a Prehistoria recente nas terras polas qeu transcorre un dos camiños de peregrinación a Santiago de Compostela: o Camiño do Norte. En primeiro lugar analizamos o entorno xeográfico e os restos arqueolóxicos, qeu conforman unha riqueza cultural que vai dende o Paleolítico ata o mundo romano e a época medieval. A continuación faise unha escolma dos estudos pioneiros levados a cabo nesa zona desde o século XIX. Por último se rexistra a distribución espacila do fenómeno tumular nas dúas áreas máis salientables do itinerario: a Terra Cha e a Terra de Melide. Ao igual que noutros lugares de Galicia e da Península, os túmulos megalíticos están vinculados a antigos camiños e sitúanse en zonas de paso que comunican as terras altas coas baixas.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus