Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Un texto galego descoñecido do século XVI: a Comedia de la invención de la sortija da Brancroft Library (Berkeley)

Antonio Cortijo Ocaña

  • A Comedia de la invención de la sortija é unha obra teatral anónima representada en 1594 en Monforte de Lemos e emparentado coa ilustre familia dos condes de Lemos, acudía nesta ocasión a Monforte a poñer a primeira pedra na construcción do Colexio de Xesuítas, fundado por el. A obriña pertence ó subgrupo do teatro cortesán e áulico. En dous días vanse presentando ante o arcebispo e os condes (máis outra personalidades invitadas ó vento) as varias provincias galegas adornadas con alcumes e emblemas representativos (e alusivos) das súas cualidades culturais, xeográficas e gastronómicas mas salientables. A obra destaca especialmente por ser un dos exemplos máis elaborados do teatro emblemático da época e por incluir un entremés representado en varias escenas, unha da cales está escrita totalmente en galego. A obra consérvase nun manuscrito da Fernán Núñez Collection da Bancroft Library da University of California, Berkeley (UCB MS 143, vol. 18).


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus