Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de O mundo artúrico na obra de Álvaro Cunqueiro. Un Merlín compoñedor antes da descrenza e da parodia

María Xesús Lama López

  • A obra de Cunqueiro delata un permanente interese polo mundo medieval que se desenvolve especialmente no tratamento da materia artúrica na súa obra narrativa. En 1951 unha carta aberta de Ramón Piñeiro chama a atención do escritor sobre a necesidade de facer unha literatura que renove o panorama europeo dominado polo obxectivismo cientifista, partindo do particular carácter do home galego que el define por tres trazos dominantes: a forza da imaxinación, a actitude irónica e o humorismo. Aquí proponse unha análise da obra de Cunquerio como resposta a este desafio -un sutil acto de programación cultural- que pretendía inscribir a literatura galega dentro da tradición europea cunha actitude desacomplexada, concibindo unha alternativa renovadora desde a periferia. A alternativa elaborada por Cunqueiro inspírase na alteridade do modelo medieval que ofrece técnicas como a tralatio ou a compilación en ciclos fusionando temas narrativos de orixes diversas. A escolla da materia artúrica pola súa conexión coa tradición oral do mundo celta, e a evolución no seu tratamento, permite observar o progresivo distanciamento do nacioalismo literario paralelo ó uso do castelán nas novelas últimas.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus