En Galicia a traducción emerxeu de vagar como parte dun programa cultural en revistas como Nós. Investigaban tanto a historia celta como a irlandesa, presentaban escritores irlandeses e a súa literatura e traducían textos literarios diversos. Das obras traducidas en Nós que nos interesan agora, os máis importantes son tres capítulos da obra épica irlandesa, Leabhar Gabhála (O libro das conquistas de Irlanda) que detalla as viaxes dso celtas a Galicia e a súa invación posterior de Irlanda. Este trabalo comenta brevemente o texto orixinal en gaélico e as súas traduccións ó inglés, explota en galego a selección da revista dos capítulos da obra épica para a traducción e especula sobre a identidade do traductor e a súa decisión de permanecer anónimo. Este estudio dos capítulos traducidos de Leabhar Gabhála demostra como influíu este texto na Xeración Nós. Ademais, este traballo ilustra como a cultura galega emerxente miraba máis aló das súas fronteiras para atopar non só inspiración artística senón tamén un modelo de lexitimidade nacional, en forma de épica, para poder revalorar a identidade nacional galega.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados