Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de De Alcanate a Santa María do Porto. Arredor dun "cancioneiro" integrado nas Cantigas de Santa María

Xosé Ramón Pena Sánchez

  • Conforman unha ampla e importante bibliografía os traballos destinados a analizar o proceso de constitución das Cantigas de Santa María e a moi directa implicación do rei Afonso X en tan magno proxecto. De igual xeito, a crítica tense centrado de maneira fundamental na análise das fontes, na conformación do corpus e na ordenación do mesmo. Sen embargo, a pesar de se ter detectado unha elevada nómina de topónimos andaluces -directamente realacionadas cos procesos sociopolíticos vividos durante o seu reinado- na obra mariana de Afonso X, e de xeito especial Santa María do Porto (o actual Puerto de Santa María), falta detallar esas mesmas relacións; isto é, establecer unha dialéctica entre o devir histórico, entre as necesidades políticas e aqueloutras culturais e relixiosas do monarca castelán. Na procura de novos datos que axuden a establecer este proceso van as liñas que seguen.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus