Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Estraña ave do paraíso. A recepción da obra cunqueiriana na literatura castelá

  • Autores: Rexina Rodríguez Vega
  • Localización: Anuario de estudos literarios galegos, ISSN 1133-4533, Nº. 2001, 2001, págs. 201-223
  • Idioma: gallego
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)
  • Resumen
    • Na análise da recepción da obra cunqueriana na literatura española, a través, nomeadamente, das reseñas das publicacións literarias periódicas, é posible advertir a actuación dun dobre xogo de forzas. Así, mentres se minimiza a orixe galega das obras autotraducidas, reclamando o escritro como pertenente por dereito propio ás letras españolas, factores como o particular emprego da lingua, o elemento fantástico ou o reflexo da cultura popular actúan como xeneradores de interpretacións reductoras ou esencialistas que tenden á pragmatización ou á creación dunha ficción sobreengadida propia da lectura de textos alleos á tradición nacional. A persistente identificación da obra de Cunqueiro como representantes global do país galego, e non dunha tendencia específica do sistema, indica a presencia de valores extraordinarios, de estereotipos e ideoloxía que frean a súa entrada plena no xogo de normas e modelos que caracterizan o panorama do seu tempo. Esto feito pon de relevo a ambigua posición do escritor bilingue penínsular marcado por un impreciso grao de alleidade que a miúdo dá como resultado unha certa malversación de fondos.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno