Neste traballo tentamos revisar certas afirmacións coa falta dunha tradición dramática en Galicia, a terra onde floreceu unha tradición lírica salientable desde o século XII ata o XV. Aínda que non teñamos documentos que considerar, hai evidencias suficientes para demostrar a existencia dunha tradición escénica moi estendida. E se o teatro precisa cando menos dalgunha forma de literatura, teremos que asumir o uso do galego na maioría das pezas escritas e representadas. Quizais teñamos que analizar ese vello paradoxo cunha nova perspectiva, a que nos proporciona a historiografía teatral.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados