Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Fada revolucionaria. Unha reescritura dos contos de fadas desde o feminismo libertario: Vermella con lobos, de Carmen Blanco

Olga Novo

  • O artigo analiza os contidos ideolóxicos de Vermella con lobos de Carmen Blanco, obra de ficción, que constitúe un tecido metanarrativo fundido na revisión dos contos infantís. O carácter dialóxico da obra e o recurso á ironía e á intertextualidade fan dela un exercicio literario que exalta a liberdade creadora ao tempo que denuncia e deconstrúe os contidos misóxinos e os estereotipos xenéricos que emanan das narracións tradicionais. Estúdase, así, a escrita subversiva de Carmen Blanco, exaltadora da paixón e da vida libre.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus