Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de O club dos poetas vivos. Manuel Rivas, xograr dunha Galicia posmoderna

Jorge Pérez

  • Neste artigo explorarei a produción poética de Manuel Rivas a través da análise da coleción O pobo da noite. A avaliación desta pouco estudada faceta de Rivas terá como obxectivo recoñecer dúas importantes achegas. Por un lado, cómpre sinalar o esforzo por resituar a poesía nun lugar influente no campo cultural; por otro, cómpre apuntar que este proxecto poético se define en relación coa tradición poética galega estreitamente ligada á expresión da identidade nacional, pero a partir dunha actitude conciliadora que simultaneamente negocia con espazos supranacionais.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus