Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Centros de documentación nos medios escritos e radios locais da costa norte de Galiza

  • Autores: Diego Maseda Seco
  • Localización: Comunicación local : da pesquisa á producción: actas do Congreso Internacional Lusocom 2006, Santiago de Compostela, 21 e 22 de abril de 2006 / coord. por Margarita Ledo Andión, 2006, ISBN 84-9750-620-0, págs. 3775-3793
  • Idioma: gallego
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)
  • Resumen
    • Analizaranse os centros de documentación das radios e xornais locais da costa norte de Galiza (de Ribadeo a Cedeira). Farase baixo a óptica da súa aportación ao enriquecemento e calidade da información construída polos xornalistas, e da rendabilidade económica que supoñen para as súas empresas propietarias. Estudiarase a formación académica e a experiencia dos profesionais que traballen neles, a estructura organizativa de cada un dos centros de documentación, o seu equipamento en relación ao uso das novas tecnoloxías, mirándose neste punto que sistemas informáticos e programas de ordenador (software) utilizan. Reflictirase que catalogación e linguaxes documentais empregan en aras a unha veloz e precisa recuperación posterior, e se ámbolos dous responden á premura, concisión e pertinencia coa cal os redactores soen efectuar as súas preguntas nos centros de documentación nos medios. Así mesmo, plasmarase con que fondos conta cada un dos devanditos centros, se os expurgaron en algunha ocasión e cal foi o motivo, ao igual que os métodos aplicados para o seu almacenamento e conservación. Tamén se realizará a tipificación dos usuarios, das demandas e dos servizos de valor engadido que prestan, e da consideración que posúe cada centro de documentación, por parte dos xornalistas e das empresas de comunicación ás cales pertencen as radios e xornais locais estudadas. Engadimos que mediante a observación directa e entrevistas a redactores e persoal da xerencia, trataremos de averiguar qué pensan sobre a necesidade e rendabilidade da posesión dos centros de documentación nos seus respectivos medios.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno