Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


A prensa galega na loita pola capitalidade durante a transición: o localismo oposto ao proceso de construción nacional

  • Autores: Marcos Sebastián Pérez Pena
  • Localización: Comunicación local : da pesquisa á producción: actas do Congreso Internacional Lusocom 2006, Santiago de Compostela, 21 e 22 de abril de 2006 / coord. por Margarita Ledo Andión, 2006, ISBN 84-9750-620-0, págs. 4846-4870
  • Idioma: portugués
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)
  • Resumen
    • A loita estabelecida entre Santiago de Compostela e A Coruña por se converter na capital de Galicia foi un dos temas que marcou a actualidade política galega no desenvolvemento da Transición Política da ditadura á democracia dende finais dos anos setenta. Os medios de comunicación de todo o país tomaron partido neste debate a prol dunha ou doutra cidade, ben de xeito explícito, a través de editoriais, ben de forma máis implícita. Esta loita, alimentada por intereses localistas que utilizaban os medios de comunicación para excitar os sentimentos da poboación no seu beneficio, era contraproducente co proceso de construción nacional galega, e serviu para debilitar o sentimento de pertenza de todos os galegos a un espazo común: Galicia, actor colectivo de reivindicación e padecemento. Deste xeito, o sentimento de identidade víase distorsionado pola introdución de elementos que facían fincapé na alteridade interna dos galegos, máis ca nos seus elementos de unión. A análise céntrase no estudo da intervención no debate dos principais xornais diarios de Galicia entre 1975 e 1982, estabelecendo qué opción defendeu cada medio, sobre todo aqueles que non fixeron pública a súa opinión ao respecto, e de que xeito os xornais facían compatíbel esta toma de posición localista coa defensa de Galicia como espazo común.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno