Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de O orzamento non condicionado de saúde en Galicia

Miguel Centella Moyano

  • Este artigo pretende analizar o gasto público presupostado para a saúde de Galicia e o resto das Comunidades Autónomas durante o período 1984-2000 tendo en conta só o gasto non condicionado. O obxecto de estudo é estimar o esforzo relativo adicional despregado pola Xunta de Galicia en dotar ó SERGAS dos recursos necesarios en función das necesidades, contemplar as diferenzas que existen no conxunto do Estado e verificar se eses esforzos contribuíron a xerar unha maior ou menor converxencia de ditos servizos de saúde en materia de investimento. Como conclusión sinalar que dende 1992 as inversións da Xunta de Galicia caracterizáronse pola regularidade, pola importancia da súa contía en termos capitativos. Pero as diferenzas de gasto público en sanidade non condicionado per cápita pode xerar distintos subsistemas sanitarios públicos en función do territorio e nin as transfeencias da Administración Central nin as medidas fiscais implantadas para axudar a financiar a sanidade en cada Comunidade Autónoma parece que poidan correxir este escenario, éstas últimas incluso poden contribuír a aumentar ditas diferenzas.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus