O presente artigo pretende facer un achegamento á realidade actual do voluntariado social e o seu campo de actuación, e dende esta perspectiva clarificar a aportación dos voluntariados sociais no entorno familar dos enfermos de Alzheimer. No texto amósase a Oficina de Acción Solidaria da Universidade da Coruña e o seu convenio coa Asociación de familiares de enfermos de Alzhemier de Ferrol, os resultados de tres anos de traballo conxunto e o balance dos logros e dos erros, sobre os que haberá que articular novas actuacións que permitan continuar na liña de aportar unha maior calidade de vida tanto ás persoas enfermas coma ós seus coidadores.
© 2001-2025 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados