Obxectivo Analizar a fiabilidade, mediante a concordancia interobservador, dunha avaliación de determinados criterios nas historias clínicas.
Métodos Deseñouse un estudio descritivo transversal que se levou a cabo durante a última semana do mes de novembro de 1999. Participaron tres centros de saúde ubicados en Santiago de Compostela ("Concepción Arenal", Vite e Fontiñas). En cada centro participaron dous observadores médicos: primeiramente un externo (o profesional da Xerencia de Santiago), e outro interno de cada centro. O tamaño final da mostra foi de 236 historias clínicas. En cada unha delas analizáronse os seguintes criterios explícitos: identificación e alerxias, folla de problemas, tensión arterial, peso-talla, tabaquismo, consumo de alcohol, colesterol e vacinación antiteránicas; nas mulleres analizáronse ademáis: vacinación antirrubeólica, aniconcepción, citoloxía e cancro de endometrio. Finalmente, en cada unha das historias definíase a pertenza ou non aos grupos de crónicos seguintes: hipertensión arterial, diabete e dislipemias. Por cada un destes criterios calculouse o índice kappa de concordancia.
Resultados Dos 12 ítems recollidos na totalidade de historias e nas historias de mulleres, en só 4 houbo unha avaliación máis alta por parte da auditoría interna. Houbo boa concordancia na anticoncepción, vacinación antirrubeólica, peso-talla e vacinación antitetánica; foi baixa no caso de identificación e alerxias, sendo moderada no resto dos ítems. A concordancia na identificación de pacientes crónicos foi moi boa no caso da hipertensión arterial e boa nas dislipemias e diabete.
Conclusións Debido á falta de fiabilidade de gran parte dos criterios empregados para avaliar sería recomendable a súa eliminación do contrato-programa.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados