Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


As urxencias en atención primaria: Realidade actual e proposta para o futuro

  • Autores: Ramón Veras Castro, Francisco Luis Vázquez Vizoso, Xulio Castañal Canto, A. García Mata, L. Alvarez Prieto
  • Localización: Cadernos de atención primaria, ISSN-e 1134-3583, Vol. 5, Nº. 2, 1998, págs. 55-69
  • Idioma: gallego
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)
  • Resumen
    • Os Servicios Especiais ou Normais de Urgencias (SNU/SEU) son os dispositivos de urxencia extrahospitalaria que atenden ao 53% da poboación galega; en xeral, canto maior é a densidade de poboación, maior é a proporción da poboación cuberta por estes servicios, que contan co persoal adicado especificamente á atención urxente. Os Puntos de Atención Continuada (PAC), creados ao abeiro do Decreto 172/1995, cubren ao 21% da poboación, e outro 20% está aínda cuberto polo sistema de gardas localizadas, sen presencia física. Na provincia de Ourense os PAC abranguen ao 46% da poboación, mentres que na de Lugo só ao 6%.

      Considérase que a mellora da accesibilidade para os usuarios esixe que a atención urxente en AP seexa de presencia física. Por elo, os PA supoñen unha mellora evidente respecto ao sistema de gardas localizadas. Sen embargo, nos concellos nos que existen SNU/SEU, a creación dos PAC previstos no D. 172/95, supón que os profesionais que fan o traballo ordinario de AP pasen a facer tamén a atención urxente ten efectos negativos sobre a calidade da actividade asistencial ordinaria en AP, a continuidade da asistencia, e as condicións de traballo dos profesionais, en boa medida en relación coas libranzas.

      Preséntase unha proposta de organización de atención urxente en AP que ten como elementos centrais os seguintes: 1) PAC que sexas facilmente accesibeis aos cidadáns, con gardas de presencia física, 2) PAC con elevada capacidade resolutiva, real e percibida, para o que deberán incorporar novos recursos tecnolóxicos como radioloxía e analítica básica, 3) PAC con persoal específico para a atención urxente fora do horario de traballo ordinario que, onde estes existan, incorporarán ao personal dos SNU/SEU, 4) PAC ben coordinados co resto dos dispositivos implicados na atención sanitaria urxente (061, servicios hospitalarios, ...).


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno