Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Accesibilidade telefónica a un centro de saúde

Angel Facio Villanueva, A. Pérez-Díaz, M. Debén, Peregrina Eiroa Patiño, Francisco Luis Vázquez Vizoso, Ramón Veras Castro

  • FUNDAMENTO. Aínda que o programa de cita previa telefónica é claramente beneficioso para os cidadáns, é necesario evaluar o seu funcionamento para garantir unha boa accesibilidade así como unha axeitada imaxe do centro de saúde. O obxectivo deste traballo é coñecer a proporción de chamadas telefónicas nas que o usuario consigue establecer comunicación para solicitar cita previa no centro de saúde de Narón.

    MÉTODOS.

    Diseño: transversal observacional.

    A unidade de análise é cada chamada telefónica. Terá éxito se consigue establecer comunicación. En Narón hai 4 centros e dúas modalidades de cita que serán estratos: 1) No centro de Piñeiros, con 3 teléfonos de cita, dáse cita telefónica de 8-9 h para o mesmo día e de 9-13 h para os días seguintes, 2) os outros 3 centros cun único teléfono e un único horario de cita, de 9-12 h, no que dan cita para o día se é posible e, senón, para o día seguinte.

    Segundo os resultados do estudio piloto necesitamos un "n" total=423, cunha precisión do 5%. 208 para o estrato 1 (de 8 a 9 h) e 215 para o estrato 2 (de 9 a 12 h).

    As 423 chamadas repártense nos teléfonos proporcionalmente ao número de médicos que soporta cada un e o momento en que se fai a chamada determínase por números aleatorios.

    Variables: estrato horario, teléfono, día da semana e resultado da chamada.

    A duración é de 3 semanas no estrato de 9-12 h é de 6 semanas no estrato de 8-9 horas. Realízase con descoñecemento do persoal de cita.

    RESULTADOS. A proporción de chamadas positivas no estrato 1 é do 41,6% (IC: 31,9-44,5) e no 2 é di 58,8% (IC: 52,5-65), nos dous estratos xuntos é do 58,8% (IC: 55,5-68,1). Obsérvase maior proporción de chamadas positivas no estrato 2. Non hai diferencias entre os días da semana. Non hai diferencias entre os teléfonos dun mesmo centro nin entre centros.

    CONCLUSIÓNS. A accesibilidade telefónica é deficiente. É preciso aumentar o tempo de citación, as liñas telefónicas.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus