Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Metropolización, fragmentación da cidade e urbanización da pobreza no Estado de Hidalgo (México)

Jesús Manuel González Pérez

  • A metropolización das cidades medias e pequenas en México complica un tipo de cidade caracterizada pola fragmentación física e a segregación social. Esta situación é especialmente importante naquelas metrópolis localizadas no hinterland da principal área urbana do país, a Ciudad de México. No noso traballo estudamos a formación de áreas metropolitanas en Hidalgo que, debido aos crecentes movementos migratorios intermetropolitanos, absorbe poboación da capital federal. O sur de Hidalgo, e especialmente a zona metropolitana de Pachuca, é o territorio máis afectado polas novas dinámicas socioespaciais, entre a que destacamos a construcción de extensas periferias urbanas. Houbo avances recentes en materia de planificación territorial, sen embargo aínda advertimos graves debilidades. Desde a ordenación do territorio e a política de vivenda é necesario aumentar o compromiso por intervir nos asentamentos irregulares de Pachuca, como medida para loitar contra a segregación e exclusión social.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus