Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Anticoncepción hormonal postcoital: perfil das usuarias no punto de atención continuada da cidade da Coruña

  • Autores: Juan Carlos Vidal Lorenzo, Carmen Seijas Rico
  • Localización: Cadernos de atención primaria, ISSN-e 1134-3583, Vol. 14, Nº. 4, 2007, págs. 251-255
  • Idioma: gallego
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)
  • Resumen
    • Obxetivo. Clarificar o perfil das usuarias demandantes da anticoncepción hormonal postcoital (AHP) no Punto de Atención Continuada (PAC) de urxencias da cidade da Coruña, así como o motivo principal da prescrición.

      Deseño. Estudo descritivo transversal.

      Participantes. 400 mulleres atendidas de abril a agosto de 2006 no PAC de A Coruña. Os criterios de inclusión foron: ser muller en idade fértil e solicitar a pílula antes das 72 horas tralo coito.

      Medicións principais. Data de nacemento, data da dispensación, toma previa da pílula, uso de método anticonceptivo e o motivo da prescrición.

      Resultados. Foron atendidas 400 mulleres cunha mewdia mensual de 80 (DE de 25'66), o que equivale a un índice de frecuentación mensual/anual de 1,3 y 15,6 por mil respectivamente. O domingo foi o día de maior demanda (30%), correspondendo ao fin de semana o 60% do total. As menores de 18 anos representaron o 7,5% do total e deéstas, 11 pacientes (2,75%) eran menores de 16 anos. A idade media das pacientes foi de 24,3 anos. O 36,2% das solicitantes afirman ter usado previamente a pílula no último ano. Un 15% non usaba habitualmente ningún método anticonceptivo. Só unha paciente tivo que repetir a toma da pílula por presentar vómitos.

      Conclusións. A usuaria tipo é unha muller de 24 anos que ten relacións de fin de semana, que habitualmente utiliza algún método de tipo anticonceptivo e cuxo motivo principal de demanda é por fallo no uso do preservativo. As menores de idade (menores de 18 anos), só representan o 8% da poboación total atendida.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno