Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Análise da incapacidade temporal en traballadores dunha área de saúde de atención primaria

X. Segade Buceta, Ana María García Cedrón

  • Obxetivo: medir a incidencia das incapacidades temporais (IT) nos traballadores de atención primaria e comprobar a súa relación con diversas variables de interese.

    Deseño: estudio de incidencia.

    Participantes: todas as IT ocurridas durante tres anos (2004-2006) e sufridas polos traballadores da área de atención primaria de Santiago de Compostela.

    Medicións principias: idade, sexo, data de inicio, data de finalización, motivo (enfermidade común, aacidente de traballo ou accidente non laboral), categoría estatutaria do traballador e tipo de vínculo coa praza.

    Resultados: nos tres anos estudados producíronse un total de 2204 episodios de IT. Un total de 2130 baixas foron motivadas por enfermidade común (96,6%); os accidentes de traballo foron 53 (2,4%) e os accidentes non laborais o 1% restante. A idade mediana dos traballadores con episodios de IT foi de 47,2 anos (DC= 6,8), cun 63% de mulleres. A taxa de IT global para todo o período foi de 25,1 por 10000 persoas-días. As taxas máis altas déronse entre o persoal de servizos xerais (PSX) e enfermaría, cun 31 e 30,9 respectivamente. O índice de frecuencia global foi de 0,85 IT por traballador e ano. A duración mediana de baixas foi de 10 días (DC= 23,2). A mediana dos días de baixa varía segundo o motivo, sendo de 55 para os accidentes de traballo e de 9 para as enfermidades comúns. Tendo en conta este último motivo, a duración mediana das baixas é maior nas mulleres, nos propietarios e nas auxiliares de enfermaría.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus