Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de A literatura dentro da literatura. Algunhas notas sobre as características semántico-formais da obra de Gloria Sánchez

Ánxela Gracián

  • No presente traballo, faise unha aproximación semántico-formal á obra de Gloria Sánchez, autora que encadramos xa dende os comezos nunha corrente literaria que foxe do tradicionalismo e se adhire a unha estética de vangarda, evolucionando cara a unha corrente posmodernista, pola súa reinterpretación do absurdo existencial, pola súa achega ao non-sentido, así como pola dimensión de encontro e desencontro coa máis pura tradición contística clásica, nun permanente xogo de deconstrución e intertextualidade que engada unha nova versión ás xa canonizadas, o que lle concede ao seu discurso un abano de posibilidades lectoras moi amplo.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus