Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de "Soy pescador y por eso protejo el mar": campaña de formación e sensibilización para propiciar a colaboración de pescadores profesionais e deportivos do litoral andaluz na conservación das tartarugas mariñas

Juan Jesús Martín Jaime

  • Entre os instrumentos sociais de intervención para xestionar con efectividade a atención a tartarugas mariñas feridas debido á súa captura accidental e optimizar a súa recuperación, é fundamental propiciar a colaboración e implicación do sector pesqueiro profesional e deportivo na conservción das tartarugas mariñas, practicando unha pesca sostible, e actuando en caso de enxergar exemplares feridos ou enfermos, ou de capturas accidentais de tartarugas mariñas. Para iso, a Aula do Mar de Málaga, en colaboración coa Consallaría de Medio Ambiente da Junta de Andalucía, puxo en marcha a campaña "Soy pescador y por eso protejo el mar". Na citada actuación celebráronse reunións de traballo e encontros formativos cos pescadores nos portos pesqueiros da costa andaluza, apoiadas con material divulgativo e formativo. É importante ter en conta a opinión dos pescadores sobre a problemática de conseración das tartarugas mariñas e do ámbito costeiros, pois moitas veces ignórase o valor da súa experiencia e a súa interacción habitual coas tartarugas mariñas. Así mensmo, para lograr unha colaboración efectiva dos pescadores do Centro de Recuperación de Especies Mariñas Ameazadas de Andalucía, é fundamental manter un continuo contacto persoal e un recoñecemento ás súas colaboracións, alén de lles facilitar esta tarefa ofrecéndolles formación e equipamento axeitado.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus