Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


A extracción de tapóns óticos de cerume en atención primaria: proposta de protocolo e de consentimiento informado

  • Autores: José Noval Cinza, Luís Pita Chento
  • Localización: Cadernos de atención primaria, ISSN-e 1134-3583, Vol. 15, Nº. 4, 2008, págs. 295-304
  • Idioma: español
  • Texto completo no disponible (Saber más ...)
  • Resumen
    • A realización en atención primaria do procedemento de extracción de tapóns de cera dos oídos, pola técnica de irrigación con agua, resolve razoablemente ben o problema do paciente no centro de saúde da súa localidade e descarga ao servizo de otorrinolaringoloxía dunha importante cantidade de actos profesionais, permitindo adicar ese tempo a outros procesos asistenciais.

      Calquera acto sanitario debe reunir unha doble corrección: técnica e ética.

      Para afrontar a primeira, en cada centro asistencial debera existir un protocolo no que se especifique con claridade a intervención dos profesionais médicos e de enfermaría neste proceso así como a técnica ou procedemento a seguir.

      A segunda, verase cumprida coa facilitación da información e a obtención do consentimento informado. Establece a normativa e recollen diversas sentenzas xudiciais que para esta intervención non é preciso o consentimento informado escrito, sendo suficiente na forma verbal. Sen embargo, tendo en conta que tanto a normativa como a xurisprudencia son coincidentes en que a información verbal debe constar por escrito na historia clínica, razóns de eficacia na información e de economía e seguridade no rexistro levan á conclusión de que, para unha mellor garantía e seguridade do paciente, é conveniente a existencia dun documento no que se recolla a información sobre o procedemento a aplicar e o consentimento do paciente. Este documento arquivarase na historia clínica e conservarase indefinidamente (Art 20.2. da Lei 3/2001 da historia clínica e do consentimento informado de Galicia)


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno