Foi no Cumio da Terra de Río de Janeiro onde se acadou o convencemento de que o modelo de desenvolvemento adoptado ata o momento polas cidades tiña que mudar cara a sostibilidade, é dicir, cara a outro modelo que conseguise preservar os recursos naturais sen prexudicar o desenvolvemento social e económico. O equilibrio de intereses entre estes tres factores, ambiental, económico e social está a ser o grande reto das actuais políticas sectoriais e globais do planeta. a Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostíble da Consellería de Medio ambiente é a encargada, no ámbito galego, de levar a cabo decisións e tomar medidas encamiñadas á consecución deste grande reto. Unha das medidas xa postas en marccha en Galiza desde o 2006 e que intenta trasladar ao eido local as premisas de carácter global foi a creación dos núcleos de sostibilidade.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados