Isabel Torres Jack, Fernando Malvar
A fertilización debe entenderse como a necesidade de manter a potencialidade produtiva dun solo. O descubrimento do papel dos sales minerais na alimentación das plantas xunto co impulso comercializador e divulgativo feito polas industrias químicas levou a magnificar as funcións do N,P,K (NO3, P2O5, K2 O) nos cultivos. A partires de aí baseouse toda a fertilización na restitución das extraccións feitas polos cultivos ós solos, ignorando ou minimizando cousas tan importantes como a dinámica dos sales no solo, a bioloxía e o papel clave desenvolvido pola Materia Orgánica (MO). O humus, é o elemento distintivo entre un chan inerte e outro con vida. Constitúese na materia cimentante das partículas minerais, sendo o fundamento da estabilidade estrutural dos chans, estabilidade que dá a resistencia a ser erosionado. Tamén é destacable o aumento na retención de auga e o seu comportamento hidrófilo. Por último, temos que abandonar a idea de que en Galicia os chans teñen sobradamente MO e polo tanto quitarlle importancia ao humus. O capital na funcionalidade dun chan agrícola é a dinámica da MO xa que a destrución desta é a que a fai viable para o seu aproveitamento para os cultivos.
© 2001-2025 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados