Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Tecnoloxías de compostaxe e filosofías de manexo do proceso

  • Autores: Carlos Pérez Losada
  • Localización: Adega cadernos, ISSN 1137-0262, Nº. 6, 1999 (Ejemplar dedicado a: A compostaxe de residuos), págs. 13-22
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • Á compostaxe débeselle recoñecer polo menos dúas innegábeis vantaxes: en primeiro lugar, o feito de estar especialmente indicada para tratar case calquera tipo de residuo orgánico biodegradábel e, en segundo lugar, que permita a posibilidade de levalo correctamente a cabo servíndose dunha tecnoloxía relativamente sinxela, barata e accesíbel, por tanto, a un amplísimo número de potenciais usuarios. A importancia da primeira vantaxe citada reside no feito de que a materia orgánica biodegradábel segue constituíndo a fracción cuantitativamente máis importante e cualitativamente máis problemática de todo o conxunto de residuos que producimos. A importancia da segunda é obvia: pódese levar adiante un bo proceso de compostaxe cuns medios sinxelos e unha baixa tecnoloxía. En relación a este último aspecto gustaríame insistir, unha vez máis, na conveniencia de non confundir �baixa tecnoloxía� con �tecnoloxía baixa ou pouco desenvolvida�. Resulta xa case habitual o escoitarmos dicir que o principal inimigo do compost foi, precisamente, o propio compost, curioso e desgraciadamente certo paradoxo qué compre superarmos. Efectivamente, a calidade media dos composts elaborados no noso país nas pasadas décadas deixou moito que desexar por varias razóns que atoparemos neste caderno.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno