Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Aspectos tecnolóxicos da compostaxe de lamas de depuradora

  • Autores: Carlos Pérez Losada
  • Localización: Adega cadernos, ISSN 1137-0262, Nº. 18, 2008, págs. 39-49
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • secado térmico e a compostaxe son a día de hoxe as dúas tecnoloxías que están competindo como alternativas para o tratamento das lamas de depuración procedentes, tanto de augas de orixe urbano, como de orixe industrial. O secado térmico presenta custes de instalación e operación prohibitivos, agás que as plantas desecado sexan concibidas como plantas de coxeración de enerxía eléctrica.Poren, esta alternativa está sendo moi cuestionada, pois na práctica encobren o uso de combustíbeis fósiles cun baixo rendemento enerxético neto, por máis que economicamente teñan sido moi favorecidas polo marco normativo que ten subvencionado as denominadas prácticas de coxeración. Contrariamente, a compostaxe das lamas presenta un custe reducido, aínda que variábel en función do tipo de tecnoloxía elixida. Outra vantaxe comparativa da compostaxe fronte ao secado é que a primeira estabiliza o produto, desde o punto de vista do seu consumo de osíxeno(biodegradabilidade, fermentación e putrefacción), mentres que o secado en absoluto o estabiliza. De feito o único que fai o secado térmico e reducirlle masa (pola perda de humidade) e, por dicilo dun xeito popular, �poñelo en conserva�. En efecto, a súa materia orgánica final é exactamente a mesma que a inicial, pero desprovista dunha humidade que a fai corrompíbel. Unha vez que se lle torne a dotar de humidade o produto evoluciona exactamente igual que o faría antes de ter sido secado.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno