Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de O Parque de Collserola, unha ferramenta de xestión e educación ambiental

Montse Ventura Cabús, Roser Armendares i Calvet

  • Vinte anos despois da aprobación do Plano Especial de Ordenación e Protección da Serra de Collserola, continúan vixentes os obxectivos establecidos referentes ao mantemento da estabilidade dos sistemas naturais, a preservación da diversidade biolóxica e paisaxística, a conservación do patrimonio cultural e a posibilidade de ofrecer novas oportunidades para o ocio e a aprendizaxe. Neste contexto, concebir a educación ambiental como parte integrante da planificación e da xestión do Parque, resultou ser unha estratexia fundamenal para establecer canles de complicidade cos usuarios na preservación dun espazo protexido enclavado na zona cunha maior densidade de poboación de toda a conca mediterránea.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus