Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Proxecto INTIC: facilitación do acceso e manexo das TIC en persoas con diversidade funcional

Betania Groba, Thais Pousada, Laura Nieto-Riveiro, Javier Pereira-Loureiro, Rubén Grande González, Manuel Iván Mourelos Sánchez, Cristina Díaz Busch, Alberto Moreiras Lorenzo

  • Na actualidade, as Tecnoloxías da Información e as Comunicacións, son integradas con maior frecuencia nas actividades da vida diaria, na educación, no traballo, no xogo, no ocio e na participación social enmarcadas no entorno virtual. As necesidades e as demandas suscitadas por esta sociedade tecnolóxica fan que as persoas con maior diversidade funcional se encontren en situación de exclusión, a chamada FENDA ? Brecha dixital. O deseño de sistemas baixo pautas de "Deseño para Todos" constitúe o elemento básico para considerar tanto a usabilidade como as solucións e avances cara unha progresiva, continua e crecente accesibilidade técnica ás TIC no campo da discapacidade.

    No proxecto In-Tic desenrolouse unha aplicación que pretende facilitar o acceso ó computador a usuarios con diversidade funcional aproveitando as funcionalidades actuais e adaptándoas ás tecnoloxías e sistemas operativos existentes empregados polos usuarios.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus