A sexualidade humana entendida dende unha perspectiva ampla, intimamente relacionada coa afectividade, a relación, o pracer, os sentidos e ás veces a procreación, ten unhas características específicas entre as persoas con autismo. Destacaremos diversos aspectos desa sexualidade nos que as persoas con autismo poden amosar dificultades, a saber: as actividades sociais, a afectividade, a puberdade e adolescencia, a masturbación, a menstruación, as amizades, relación de parella, procreación e os abusos sexuais.
Trataremos tamén de dar algunhas pautas de intervención en educación sexual para facer fronte ós problemas que poden xurdir nos aspectos destacados. Sabemos que a educación sexual entre as persoas con autismo pode ser unha tarefa ardua. Coa colaboración de todos: pais, educadores e outros profesionais, tal vez sexa un pouco menos.
© 2001-2025 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados