Dende unha perspectiva investigadora mixta (cuantitativo-cualitativo), preténdese analizar a representación social que se está a construír entre os alumnos de educación secundaria de cara a facilitar a comprensión do cambio climático (en diante CC) como fenómeno complexo. Para iso, os alumnos empregaron unha técnica proxectiva como o debuxo, combinado co elemento textual, para elaborar as súas narracións; a metáfora e a icona son dous recursos expresivos analizados. Os resultados obtidos, así como a súa sistematización a través dun instrumento de análise construído ao longo do proceso, permitirános sinalar aquelas cuestións fundamentais a ter en conta nos procesos educativos e de diálogo sobre o cambio climático.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados