O intermareal é a porción de costa máis próxima ao dominio terrestre, situada entre as posicións que acadan as mareas: entre o máximo histórico de marea alta e o mínimo histórico de marea baixa. Nas nosas costas a distancia vertical entre estes dous extremos é aproximadamente de 4 metros e temos dúas mareas altas e dúas mareas baixas ao día. Por diversos factores, o intermareal é unha zona de fortes contrastes, grande variedade de hábitats e elevada produtividade.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados