Nos concellos existen cada vez máis campañas de control das colonias de gatos de rúa coa colaboración de asociacións protectoras como Gatocan, Agata, JatiCan, Proxecto Gato ou Aldea Felina. Nalgúns casos, mesmo colaboraron veterinarias procedentes de Holanda. No estado español, cidades como Valencia son desde hai 20 anos pioneiras na materia, con equipos de 200 voluntarios que se tornan para as alimentaren e vixiaren. A presenza de colonias de gatos pode xerar conflitos, chegando mesmo a seren denunciadas as persoas que coidan deles. Siva de precendente a sentenza que absolveu a unha persoa acusada de alimentar gatos da rúa na Coruña, facendo valer a Lei de Protección Animal por riba dunha ordenanza municipal. No concello de Compostela estase a lanzar a campaña "Capturar, esterilizar e soltar" coa colaboración de Abeiro e de ADEGA. Carme Seoane Paredes, veterinaria da clínica CANCAT, é unha das colaboradoras do proxecto.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados