Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de O autismo na consulta de neuroloxía infantil

Jesús Eirís Puñal

  • Os Trastornos do Espectro Autista (TEA) afectan a 1 de cada 166 nenos, influíndo nesta cifra un aumento na información, concienciación e sensibilidade sanitaria, así como pedagóxica e social, sen excluír un posible aumento real no que se poden implicar factores xenéticos e ambientais.

    O neuropediatra vese implicado no diagnóstico e manexo terapéutico dos TEA, prestando unha especial función na detección dos casos de autismo sindrómico, responsables do 11-37% dos TEA.

    Apórtase unha revisión dos TEA desde a perspectiva da neuropediatría, enfatizando as claves do diagnóstico clínico, a orientación das exploracións complementarias e unha breve reseña do manexo farmacolóxico dos trastornos habitualmente asociados


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus