Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Sondaxes arqueolóxicas valorativas nunca parcela situada no entorno do xacemento arqueolóxico de Punta Atalaia, San Cibrao-Cervo, Lugo

Eva Castro Vigo

  • As sondaxes valorativas localízanse nunha parcela urbanizable do entorno do xacemento arqueolóxico de Punta Atalaia, Concello de Cervo, en Lugo, na coñecida como a península de San Cibrao. Trátase dunha parcela sita no entorno dun castro que entraría dentro da tipoloxía de castro costeiro, por mor da súa ubicación, nunha punta costeira.

    Tras a súa recente catalogación, debido a unhas obras públicas previas, foi precisa unha intervención arqueolóxica valorativa (3 e o 28 de setembro do 2007). Ésta consistiu na escavación por medios manuais dun total de nove sondaxes arqueolóxicas. Ditos traballos ofrecen unha lectura estratigráfica, un recoñecemento do estado e conservación dos restos arqueolóxicos e a recuperación do material asociado a dita estratigrafía. Unha das primeiras conclusións que poidemos sacar foi unha periodización da ocupación do solo nas sondaxes feitas, na parcela que nos ocupa, temos evidencias dunha ocupación moderna-contemporánea, unha ocupación medieval (moeda de Alfonso X) e unha ocupación galaico-romana (I a.C. ó II d.C.) no momento de uso primeiro do poboamento.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus