Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de O mexillón de río: margaritifera margaritifera (L.)

Sabela Lois Lugilde

  • A conservación da biodiversidade é un dos maiores retos da nosa sociedade, non podemos permitirnos perder millóns de anos de historia evolutiva das especies e dos sistemas vivos do planeta, xa que de todo isto depende a nosa propia supervivencia. Os ambientes fluviais e mariños caracterizan grande parte da paisaxe galega e por tanto albergan un amplo rango da diversidade do noso territorio. Un dos grupos animais máis diversos son os moluscos, que superan en número de especies aos mamíferos, aves, réptiles, anfibios e peixes. Nos ambientes mariños moitas das especies de bivalvos están máis integradas no noso coñecemento debido ao aproveitamento secular que existe sobre elas (ameixas, mexillóns, navallas, ostras...). Porén, as especies de mexillóns de auga doce son das máis descoñecidas da nosa fauna, a pesar de ser un dos grupos animais máis ameazados a nivel mundial.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus