Neste artigo preséntase unha descrición da actividade �Revoltallo de Termos. A tecnoloxía en galego�, iniciativa coa que se defende a idoneidade do uso da lingua galega no campo da tecnoloxía, en resposta á prohibición expresa do goberno galego de impartir a materia de Tecnoloxías de Educación Secundaria nesta lingua. Baseouse na recompilación a traves de internet de vocabulario técnico en galego, e na posterior utilización do léxico recollido en diversas actividades, tanto a través da rede como nos centros de ensino.
© 2001-2025 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados