As comunidades autónomas españolas poden participar directamente no Consello da Unión Europea desde 2004 grazas aos Acordos da Conferencia para Asuntos Relacionados coas Comunidades Europeas (CARCE), aínda que a lexislación europea xa o permite desde o Tratado de Maastricht (1992). Este artigo analiza, desde desde o punto de vista da rendabilidade política e social, a participación das CC.AA., e de Galicia en particular, no Consello da Unión durante estes seis anos. A autora considera que os Acordos de 2004 son un triunfo histórico das reivindicacións das autonomías. Sen embargo, logo de máis de cinco anos de práctica e cuns resultados certamente modestos, esixe melloras no actual sistema, máis marxe de decisión para as autonomías e unha ampliación da participación a outras formacións do Consello no que as CC.AA. tamén teñen competencias exclusivas.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados