Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Incidencia dos biocombustibles nas comunidades rurais e o seu medio ambiente en países do sur

  • Autores: Miguel Angel Domenech Rojo
  • Localización: Adega cadernos, ISSN 1137-0262, Nº. 20, 2011, págs. 27-35
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • Nun planeta que baseou o seu modelo de desenvolvemento na produción e oconsumo de enerxía, é fundamental ser conscientes de que estes dous procesos hande ser sustentables social, económica, ambiental e culturalmente. Non obstante, oprogreso dos países desenvolvidos, nos últimos 150 anos, baseouse nun elevadoconsumo de enerxía e en fontes enerxéticas que deron lugar a unha situación insostibledesde o punto de vista socioeconómico e ambiental, ligada fundamentalmenteá inseguridade enerxética, a emisión de gases de efecto invernadoiro e a non renovabilidadedos recursos enerxéticos empregados. A carencia e/ou o abuso no consumoenerxético provocou grandes diferenzas, e mesmo enfrontamentos sociais e adegradación e desaparición dalgunhas culturas.A pesar diso, é indubidable a relación existente entre o desenvolvemento humanoe a enerxía. Máis aínda, o acceso á enerxía favorece o acceso a servizos básicosimprescindibles para a vida humana como a auga, a alimentación, a educación ou asaúde e contribúe á consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio.Non obstante, as fontes enerxéticas utilizadas ata agora (petróleo, carbón, fundamentalmente)son altamente contaminantes e proveñen de elementos que existennunha cantidade limitada no planeta, polo que máis pronto ou máis tarde se esgotarán.Por iso, nos últimos anos houbo unha promoción das fontes de enerxía renovables,isto é, fontes que de se explotar racionalmente, poderían procurar enerxíadurante un tempo ilimitado. Como consecuencia, existe unha aposta internacionalpolo uso de fontes enerxéticas renovables no mix enerxético.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno