Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Patrimonio cultural e dinamización turística de Salcedo: CMVMC Montes de Salcedo e Bairán (P. de Brollón)

Felipe Castro López

  • Cando pensamos no monte, nos seus recursos e, polo tanto, nas posibilidades de desenvolvemento que lle pode proporcionar aos seus propietarios, adoitamos centrarnos case exclusivamente naqueles que teñen que ver con aspectos vinculados ao carácter produtivo máis clásico e, deste xeito, cos recursos forestais (principalmente os derivados da madeira), pasando por alto moitas veces a posibilidade de aproveitar outros recursos que nos achegan un interese ambiental, social ou produtivo que deberíamos ter en conta, como poden ser os recursos hidrolóxicos, enerxéticos, culturais, turísticos, etc. Precisamente ligado ao monte, dunha forma significativa, atopamos un amplo e diverso patrimonio cultural que, en moitos casos, indican xa de por si os diferentes usos que se lle deu e, polo tanto, os valores e recursos que contén ou contivo e que é capaz de xerar, entre outros posíbeis.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus