A autora argumenta que a cooperación descentralizada no Estado español atópase ante un inevitable cambio de ciclo que require encarar importantes retos e desafíos.
Entre eles destacan a ampliación da cooperación cara sectores como as universidades, a economía solidaria e a banca ética, así como asentar unha maior coherencia nas decisións políticas que impliquen a promoción de programas de desenvolvemento dende o local. Igualmente, resulta necesario consolidar dende o Norte e o Sur, iniciativas orientadas a fortalecer políticas socialmente inclusivas e de defensa dun medio ambiente sostible
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados