O sapoconcho europeo inclúese no Catálogo Galego de Especies Ameazadas na categoría de "En perigo de extinción". Esta categoría está reservada para aquelas especies cuxa supervivencia é pouco probábel, se os factores causantes da actual situación seguen a actuar. A catalogación dunha especie en perigo de extinción implica a elaboración dun Plan de Recuperación, cuxo fin é garantir a súa conservación en estado silvestre no territorio da comunidade autónoma, e dos seus hábitats, establecendo medidas adecuadas que permitan preservar, manter e restablecer as súas poboacións naturais facéndoas viábeis. Nesta sección de CERNA abordaremos a situación de especies galegas catalogadas "En perigo de extinción" e que precisan de Plans de Recuperación para que non desaparezan do noso territorio.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados