Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Proxecto Charcas con Vida

Lucía Parente, Ramsés Pérez Rodríguez

  • As charcas son pequenos ecosistemas cun grande valor, porén apenas teñen sido obxecto de inciativas para o seu estudo e conservación en Galiza. ADEGA vén de poñer en marcha unha iniciativa que baixo o nome de Charcas con vida pretende contribuír á divulgación dos valores dos pequenos humidais mediante actuacións que vinculen educación ambiental, voluntariado ambiental e custodia do territorio. O proxecto conta coa colaboración da Fundación Biodiversidad, do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e realízase en convenio co CIBIO (Centro de Investigação em Biodiversidade e Recursos Genéticos de Portugal).


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus