Miguel Pazos Otón, Rubén Camilo Lois González, Valerià Paül i Carril
A sociedade actual caracterízase pola importancia da mobilidade en todos os seus ámbitos. A observación e o gozo da paisaxe danse non só dende unha perspectiva estática, senon tamén dende o movemento. As achegas dende a Xeografía á comprensión deste feito parten dos conceptos de transporte e mobilidade, e inscríbense dentro da Xeografía do Turismo.
No presente artigo realizamos unha achega ao estado da cuestión na actualidade, centrándonos nas estradas e nos camiños de ferro escénicos como elementos fundamentais para apreciar as paisaxes desde o movemento.
© 2001-2025 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados