Este artigo analiza as estratexias de participación da familia como capital social na empresa e o seu impacto na mobilidades social a través das narracións de emprendedores inmigrantes en Galicia. A intersección entre negocio e familia foi un elemento central no marco da literatura sobre o empresariado inmigrante. A produción científica amósanos como, en ocasións, "empresariado inmigrante" é un termo case sinónimo de empresariado familiar. A intersección entre familia e negocio xera estratexias empresariais en que o negocio é percibido como vía para a mobilidade social a través del ou ben como unha vía para a mobilidades dos membros da familia fora do negocio. A participación ou exclusión dos diferentes membros da familia son exploradas tanto no plano produtivo como no reprodutivo na unidade familiar, así como o impacto desta intersección nas traxectorias de mobilidade social dos diferentes membros. Estas narracións foron obtidas a través de 74 entrevistas en profundidade semiestruturadas a inmigrantes emprendedores retornados e estranxeiros en Galicia.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados