Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de El uso público en el Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés

Manuel Cabalar Fuentes

  • As terras da Baixa Limia teñen o privilexio de posuír un rico pasado histórico e unha natureza contrastada e de gran beleza, que lle outorgan unha personalidade inequívoca entre as comarcas de Galicia. As pegadas de diversas épocas históricas están presentes en numerosos lugares que sería longo citar, pero entre os que podemos destacar os numerosos xacementos Romanos asociados ó paso por estas terras dunha das calzadas mais importantes da Gallaecia: a Vía Nova. E como non, a súa relación con San Rosendo, a súa vida e a súa obra, tanto polo feito de ser unha das bisbarras mais estreitamente ligadas á xurisdición do Mosteiro de Celanova como por ser lugar de paso frecuente entre estas terras e o Norte de Portugal a través da Vía Nova. A isto únese o patrimonio material e inmaterial propio dunha área rural de montaña media matizado polo seu carácter fronteirizo e lonxano. A entorna natural, pola súa banda, ten o seu máximo expoñente no Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés, o mais extenso da Rede Galega de Espazos Naturais Protexidos. O obxectivo principal deste traballo é facer unha aproximación ó estado do uso público do Parque Natural en base á situación da oferta e da demanda, que serán analizados mediante o emprego dunha escolma seleccionada de indicadores e elaboración de enquisas persoais a xestores e visitantes. Así pois, tras unha introdución descritiva do Parque Natural, o traballo abordará a fixación do concepto de uso público e a explicación das ferramentas empregadas na investigación, para a continuación entrar na parte analítica dos resultados obtidos na pesquisa.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus