A pretendida suba da taxa do lixo por parte de SOGAMA, nun 34% e de golpe, maniféstase como unha inxustiza máis que agravará as economías dos concellos e da cidadanía, en especial das persoas máis desfavorecidas que pagarán a mesma taxa incluso cando ve fortemente reducida a súa capacidade de consumo. Por outra banda, pode verse como unha oportunidade para aumentar as cifras de reciclaxe, que no ámbito de SOGAMA non chegan ao 10% cando a actual lexislación fixa obxectivos do 50% do lixo xerado. Mellorar a recollida separada para a reciclaxe e introducir a compostaxe doméstica e comunitaria, ou novas plantas de compostaxe son algunhas das propostas que actualmente poñen algúns alcaldes sobre a mesa.
© 2001-2025 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados