As cooperativas de enerxía verde aplican o modelo cooperativista ao sector enerxético e denomínanse �verdes� porque o tipo de enerxía que comercializan e producen é de tipo renovable. Este é o aspecto fundamental destas cooperativas, que xorden de movementos sociais e ecoloxistas do norte de Europa, en sociedades cunha forte cultura participativa adquirida nas últimas décadas do século XX. Actualmente, xa operan en terras galegas Som Energia e Nosa Enerxía Sociedade Cooperativa Galega.
© 2001-2025 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados