As diversas especies de cetáceos odontocetos do Noroeste peninsular teñen unha área de distribución diferente, pero as súas similares características eco-biolóxicas, xunto coa limitada superficie da plataforma continental, fan que xurdan interrogantes respecto da convivencia e da relación entre as diferentes especies nun mesmo espazo. A convivencia ou coexistencia sería posible se tivese lugar unha segregación dos seus nichos ecolóxicos, evitando a competencia entre as especies polos recursos e polo hábitat, isto é o que se trata de comprobar con esta investigación da CEMMA (Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños), cuxos resultados se resumen neste artigo.
© 2001-2025 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados